miércoles, mayo 8, 2024
InicioNewsO PaísO Parlamento galego permite rectificar o voto, o Congreso non

O Parlamento galego permite rectificar o voto, o Congreso non

O voto errado dun deputado do PP que propiciou a aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados  este xoves, non se tería producido en Galicia, xa que o Parlamento galego permite rectificar o voto.

Ana Pontón: 

A voceira nacional do BNG e deputada galega, Ana Pontón, explicou esta mañá en Si Radio de Galicia que o acontecido na Cámara Baixa este xoves na votación da reforma laboral, non se tería producido na Cámara galega, xa que está contemplada a rectificación de voto cando se produce un erro deste tipo.

O deputado estremeño do PP, Alberto Casero, votou SI a reforma laboral proposta por PSOE e Unidas Podemos, no seu voto telemático cando o que quería era votar NON, dándolle 175 votos a favor a reforma laboral e 174 en contra.

O Partido Popular xa anunciou que recurrirá o erro na votación ao Tribunal Constitucional para tentar que a anule. Desde o Goberno central defenden que esa batalla legal do PP está perdida e que a reforma laboral aprobada é «histórica».

O BNG é unha das formacións políticas que votou en contra da reforma laboral a pesar de que apoiara a investidura de Pedro Sánchez. «O compromiso era derrogar a reforma laboral de 2012 de PP na súa totalidade» lembra Ana Pontón, quen condea especialmente que non se conseguira que os cidadáns volvan a estar cubertos ante un despedimento con 45 días de indemnización por ano traballado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES