martes, junio 6, 2023
Google search engine
InicioComarcasBaixo MiñoOia facilita á veciñanza alegar contra o parque eólico

Oia facilita á veciñanza alegar contra o parque eólico

O documento está dispoñible na web municipal para a súa descarga.

O Concello de Oia facilita á veciñanza alegar en contra do parque eólico do Merendón. Así se acordou na reunión mantida o martes en Loureza e o modelo descargable está dispoñible na páxina web do Concello de Oia.

O documento está accesible desde o mércores, nos formatos Word e PDF, no apartado da web municipal dedicado ao proxecto eólico do Merendón. Así, queda a disposición de todos os veciños e as veciñas que queiran presentar as súas propias alegacións en contra deste proxecto eólico. Para facelo, a persoa interesada deberá descargar, cubrir e asinar o modelo, e presentalo no rexistro municipal (de xeito presencial ou telemático) xunto co seu DNI. O prazo remata o próximo día 14.

O antedito modelo de alegacións está dispoñible no seguinte apartado da web do Concello de Oia: https://www.concellodeoia.es/parque-eolico-do-merendon/ Nesta sección se inclúe a documentación relativa ao expediente do proxecto eólico do Merendón e máis os modelos de alegacións.

O proxecto do Merendón prevé a construción de 5 aeroxeneradores nos concellos de Oia (nas parroquias de Santa María de Oia e Loureza) e O Rosal. Esta actuación afectaría a espazos como as áreas de interese paisaxístico do Chan da Valga ou os Muíños do Folón e do Picón, ámbitos que tamén presentan importantes valores ambientais e patrimoniais.

Alegacións do Concello

O Concello está a ultimar as súas alegacións contra o proxecto eólico, nas que manifestará o seu rexeitamento atendendo aos posibles prexuízos sociais, paisaxísticos e ambientais que causaría a súa posta en marcha. Unha vez presentadas, actualizará o apartado web para incluír o documento oficial, ao igual que no seu momento fixo co parque eólico Albariño I.

Amáis, a adminsitración local asegura que irá informando sobre outros proxectos eólicos que teñan afección no municipio.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES