viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño prescinde de cinco coches "para aforrar gastos innecesarios"

Porriño prescinde de cinco coches «para aforrar gastos innecesarios»

Segundo o alcalde Alejandro Lorenzo «era un luxo innecesario».

O rexedor popular Alejandro Lorenzo vén de anunciar que o Concello prescindirá de cinco vehículos do parque municipal. Trátase dos que teñen unha maior gama e de maior cilindrada, os tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.

Os cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602 euros que realizou en 2019 o anterior equipo de goberno para renovar o parque municipal, segundo apunta a administración local.

 Lorenzo insistiu que esta decisión que xa se atopa en tramitación e que «inscríbese na nosa defensa do interese público que nos obriga a priorizar gastos, pagar facturas e licitar servizos básicos. Temos máis de 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago, á espera do que conclúa a auditoría”. 

O alcalde manifestou que “aínda que a situación económica fora boa, non se xustificaba a asignación dun vehículo para cada concelleiro» porque» coido que ningún concello de España o poida permitir». Insiste Alejandro Lorenzo que era «un luxo innecesario e inxustificable”.

Amáis, o goberno municipal dispón dun informe xurídico solicitado á Deputación de Pontevedra que conclúe que a resolución deste contrato de renting sería viable “por cuestións de interese público”. 

Escoita ao alcalde, Alejandro Lorenzo, nos informativos de Si Radio:

Máis vantaxes que inconvenientes

“Aínda que a devolución destes cinco vehículos podería supor unha penalización da orde de 3.300 euros por parte da adxudicataria do renting, as vantaxes son evidentes porque xeraremos a longo prazo un aforro moitísimo maior, da orde de algo máis de 53.000 euros”, explicou o primeiro tenente de alcalde Abel Estévez. 

Segundo indicou, «unha vez revisada a quilometraxe e o uso do parque de vehículos de ‘renting’, detectamos un exceso manifesto de turismos, polo que é necesario devolver os coches de gama máis alta e de maior cilindrada», engadiu Estévez, e adiantou que “este goberno seguirá revisando se é posible prescindir dalgún máis”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES