domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsComarcasParladoiros nas escolas sobre a violencia de xénero

Parladoiros nas escolas sobre a violencia de xénero

O GDR Condado Paradanta organiza esta actividade impartida pola xornalista de Si Radio de Galicia, Eva Míguez

Complementaria a andaina celebrada fai uns días pola senda do río Tea e da que participou máis dun cento de persoas, o GDR Condado Paradanta organiza esta semana un par de parladoiros en centros de Educación Primaria do territorio con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
É a xornalista de Si Radio de Galicia, Eva Míguez, a encargada de impartir estas charlas. Hoxe desprazouse a Salceda de Caselas para falar co alumnado de sexto do CEP Altamira sobre a violencia de xénero no contexto dos medios de comunicación. Para iso, abordou o concepto de violencia de xénero, incidiu en que non se trata “de ningún problema persoal e no que ninguén non se debe meter, todo o contrario posto que é un problema que afecta a toda a sociedade”.
Ademais, explicou de que maneira os medios de comunicación teñen a responsabilidade de comprometerse na loita contra a lacra da violencia de xénero e expuxo aos estudantes os xeitos de identificar cando, por exemplo, un titular dunha nova é machista e como se podería solucionar “dándolle a volta”. Finalizou a súa intervención aludindo a que “as mulleres representamos a metade da sociedade, temos moito que contar”.
O mércores será a quenda do alumnado de sexto de Primaria do CEIP Feliciano Barrera de Guláns. En total, medio cento de rapaces participarán desta iniciativa a cal xa se levara a cabo en anos anteriores.
Todas estas actuacións están enmarcadas na campaña “O rural contra a violencia de xénero”. Unha campaña levada a cabo de xeito conxunto polos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia gracias ao convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral pola Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de accións enmarcadas no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES