jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasLouriñaVolve a cita coa pintura rápida ao Festival de Cans

Volve a cita coa pintura rápida ao Festival de Cans

Será o xoves 2 setembro, na contorna da praza do Concello do Porriño, cando os participantes no concurso “Pintar o Cine” creen a súa obra in situ

O concurso que se realizou con enorme éxito por primeira vez no ano 2019, non se celebrou na edición pasada por motivo da pandemia. A organización estimou este ano retomar a actividade ante a mellora en materia sanitaria que se está producindo a causa da vacinación masiva da poboación. Non obstante, o día do concurso a organización cumprirá estritamente coas normas sanitarias que estableza a lexislación vixente nese momento.
Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas. A temática do concurso será «Pintar o cine», en virtude da cal os creadores e as creadoras terán que elaborar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com con data límite o 15 de agosto. As 10 propostas finalistas serán elixidas por unha comisión de persoas da organización do festival.
O xurado do concurso estará composto por tres persoas relacionadas co mundo da arte, e estará encabezado pola Directora Artística do Festival de Cans, Isis Rodríguez. As dúas mellores creacións serán premiadas con 400 e 200 euros e unha estatuiña en pedra realizada polo artesán local Paco Candán

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES