lunes, mayo 6, 2024
InicioNewsO PaísSon xa 12 tripulantes coa variante india ingresados no Vithas Fátima de...

Son xa 12 tripulantes coa variante india ingresados no Vithas Fátima de Vigo

Tres persoas con positivo na variante india da COVID-19  do barco con bandeira de Bahamas ingresan no Vithas Fátima de Vigo.

En relación cos gromos da COVID-19 coa variante india que afectan a dous buques, atracados no porto de Vigo,veñen de ser traslados ao Vithas Fátima de Vigo  tres pacientes máis do barco con bandeira Bahamas, co que serían un total de 8 as persoas vencelladas a este buque as que permanecen ingresadas.

Amáis, nas últimas horas, 4 dos 8 pacientes do barco con bandeira de Singapur foros dados de alta do mesmo hospital. Polo tanto , deste barco permanecen 4 hospitalizados, 1 deles na UCI.

En total ,segundo a xerencia da Área Sanitaria de Vigo,  nestes momentos hai 12 pacientes ingresados dos dous buques. Todos permanecen estables.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES