miércoles, abril 24, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal relaxa as restricións nas fronteiras aéreas e marítimas

Portugal relaxa as restricións nas fronteiras aéreas e marítimas

Portugal permite agora as viaxes por vía área por motivos non esenciais sempre e cando o país de orixe non supere os 500 casos por 100.000 habitantes.

Viaxes por ocio a Portugal sen restricións. Ata o de agora, o país veciño permitía cruzar as fronteiras terrestres tanto por motivos esenciais como por calquera outra cuestión. Os galegos e as galegas, por exemplo, podían pasar ao outro lado da raia ben por cuestións laborais, médicas ou educativas ben para tomar un café, pasear ou realizar compras.

Esta liberdade de movemento non se permitía nas viaxes que se realizaban por vía aérea ou polo mar. Con todo, dende o 14 de maio todos os pasaxeiros do espacio Schegen, Unión Europea e Reino Unido poden entrar no territorio luso sen restricións. Só é preciso presentar unha PCR negativa, realizada con 72 horas de antelación.

Iso si, hai cinco países que non se inclúen nesta relaxación de restricións. Trátase de Chipre, Croacia, Lituania, Países Baixos e Suecia. E é que igualan ou superan os 500 casos por 100.000 habitantes coa perspectiva de 14 días, o límite que impón Portugal para permitir a entrada no país. 

Amáis, o país veciño tamén relaxa as restricións no eido dos cruceiros posto que poderán volver atracar nos portos lusos, logo de que pasara xa un ano de que se lles prohibira.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES