sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísA presión hospitalaria en Galicia baixa das 180 persoas ingresadas

A presión hospitalaria en Galicia baixa das 180 persoas ingresadas

Son 134 persoas ingresadas en camas convencionais e 38 nas Unidades de Coidados Intensivos, segundo Sanidade.

Segundo a última actualización do SERGAS, a presión hospitalaria baixa das 180 persoas ingresadas por mor da COVID-19. Deste xeito, son 12 persoas menos ingresadas en camas convencionais ata as 134 mentres se mantén en 38 nas Unidades de Coidados Intensivos. Baixa tamén o número de casos activos en Galicia ata os 2865. É dicir,  68 menos que onte.

Por Áreas Sanitarias:

  • Área Sanitaria de Vigo: 854 (-5)
  • Área Sanitaria da Coruña: 642 (-10)
  • Área Sanitaria de Pontevedra: 458 (-12)
  • Área Sanitaria de Sanitago: 433 (-7)
  • Área Sanitaria de Ourense: 211 (-11)
  • Área Sanitaria de Lugo: 182 (-14)
  • Área Sanitaria de Ferrol: 85 (-9)

Dous falecementos en 48 horas en Galicia vencellados á COVID-19

O SERGAS notifica o falecemento dun home de 68 anos no Hospital Señora de Fátima en Vigo o día 13 de maio e dunha muller de 102 anos no Hospital do Salnés. Os dous tiñan patoloxías previas. Así, son xa 2401 as persoas con COVID-19 que perderon a vida dende o inicio da pandemia na comunidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES