lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasVal de Miñor"É máis seguro xuntarse nun local da hostalería que ir no autobús"

«É máis seguro xuntarse nun local da hostalería que ir no autobús»

Os hostaleiros de Baiona ven «inxusto» que só poidan abrir ao 50% nas terrazas «cando polos contaxios que temos no concello poderiamos abrir tamén ao 30% dentro»

Pedo Villamarín, hostalerio do municipio de Baiona, explica para os informativos locais e comarcais de Si Radio, que «é inxusto que non podeamos abrir tamén ao 30 por cento no interior cando estamos nun nivel medio de contaxios». Segundo a última actualización do SERGAS, o concello é un dos dous das comarcas coa peos situación epidemiolóxica ao contar con 17 novos positivos nunha semana e cunha incidencia superior aos 125 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que inferior á considerada de risco por Sanidade, 250. Quixo suliñar que «é máis seguro xuntarse nun local da hostalería que nun autobús cheo de xente».

Onte, o conselleiro de Sanidade , Julio García Comesaña, sinalou que é «unha medida preventiva» e explicou que o carácter turístico de Baiona foi, principalmente, a causa do aumento de novos contaxios entre a súa veciñanza. Desde esta media noite, a hostalería do conello só pode abriri ao 50% e só nas terrazas ao entrar no nivel alto de restricións. Con todo, mantén a «plena mobilidade» agás alí onde rexen as medidas máis restritivas, en Beade e Maside.

Así, Villamarín explica que «xa sabiamos que Baiona é turístico, pero na hostalería cumprimos coas normas». Lembra que o repunte en contaxios que sufriu o concello logo do Nadal «debeuse precismente ás xuntanzas e non á hostalería». Insiste en que «é máis seguro xuntarse nun local que ir no tren ou no autobús».  Os hostaleiros e as hostaleiras de Baiona reclaman explicacións a Sanidade.

Di Villamarín que «para a semana santa moitos locais sacaron do ERTE os seus empregados e abastacéronse… e agora a ver que pasa. Quen paga estes cambios son as persoas que levan tres meses sen cobrar un duro».

Podes escoitar a conversa completa con Pedro Villamarín, que rexenta O Recuncho Mariñeiro en Baiona, aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES