martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño, elixido para un plan de recuperación de terras con lindano

O Porriño, elixido para un plan de recuperación de terras con lindano

É un dos cinco municipios seleccionados para participar nun programa piloto da Unión Europea, así o anunciou a alcaldesa Eva García de la Torre na xuntanza da Comisión Especial para a Descontaminación do Lindano.

Entre 33.000 localizacións afectadas por lindano en toda Europa, o Porriño xunto con outros catro municipios foron os elixidos para participar un programa de descontaminación e recuperación de terras afectadas por este composto químico tóxico

A alcaldesa Eva García de la Torre:

«É un programa piloto da Unión Europea, ben dotado economicamente, que tamén pon o acento no aspecto social para evitar a estigmatización de territorios contaminados e recuperar a súa posta en marcha», explicou a rexedora local na reunión á que asistiron os portavoces dos grupos municipais de PP, PSOE, EU SON e BNG, representantes da plataforma de afectados, asociacións veciñais, sindicatos e a organización Ecoloxistas en Acción que vén de incorporarse como novo membro a esta comisión.
García de la Torre sinalou que, horas antes da xuntanza da Comisión Especial Municipal, mantivo unha reunión de traballo con técnicos dunha das compañías concesionarias do financiamento con fondos europeos elixidas pola UE para o desenvolvemento do programa.
A alcaldesa indicou que todos os traballos en marcha «este con financiamento da Unión Europea é o máis emocionante e ambicioso xa que non só pretende a localización e remediación dos puntos do vertido, tamén propón avanzar na recuperación da terra como solo residencial».

Catas

No transcurso da reunión da Comisión, realizada de xeito presencial, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira informou das catas que se están realizando en preto de 80 puntos do termo municipal, por encargo da Xunta de Galicia.
Do mesmo xeito, tamén se informou dos traballos doutra empresa, para desenvolver un sistema de biodegradación do lindano.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES