jueves, julio 18, 2024
InicioNewsA RaiaA AECT Río Miño conduce un novo proxecto para impulsar o turismo...

A AECT Río Miño conduce un novo proxecto para impulsar o turismo na Raia

A Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Río Miño elixiu o Parador de Turismo de Tui para presentar o seu novo proxecto de desenvolvemento do territorio Visit Minho Plus. Este proxecto, no que se investirán 1,6 millóns de euros, financiados con cargo ao programa de fondos europeos POCTEP,  creará catro produtos turísticos ao redor da gastronomía, a natureza, o río Miño e o patrimonio cultural a ambas beiras da fronteira entre Galicia e norte de Portugal.  

Entre as novidades deste proxecto, destaca a consecución de novos certificados alimentarios ou a promoción de lamprea, a posta en valor de enclaves de alto interese cultural e histórico á beira do Miño ou o fomento de experiencias navegables polo curso fluvial que une os dous países. O proxecto tamén prevé a creación de redes de colaboración institucional e empresarial, así como congresos turísticos; e persegue a dixitalización do destino e a mellora da comunicación.

A AECT Río Miño impulsa este novo instrumento de desenvolvemento do territorio, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a Axencia de Turismo de Galicia, a Universidade de Vigo, os Concellos de Tui e Salvaterra, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Turismo do Porto e Norte de Portugal, o CIM Alto Minho, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e Adriminho.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES