lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasVigoA área de Vigo experimenta a maior suba de contaxios COVID-19

A área de Vigo experimenta a maior suba de contaxios COVID-19

A uns días de que arranque a Semana Santa os contaxios diarios detectados soben. 162 positivos de COVID-19 diagnosticáronse onte e foi a área de Vigo a que experimentou a maior suba, con 16 novos positivos, acadando os 517 casos activos.

A cifra de casos activos de toda Galicia continúa descendendo pero a un ritmo xa case imperceptible. Na última xornada o número baixou en 7, habendo agora 2.440 positivos de coronavirus en Galicia. Ese descenso é posible grazas as altas médicas, porque segue habendo contaxios diarios, máis dun cento, concretamente 162 onte.

Todas as áreas sanitarias baixaron os seus casos activos, agás Vigo e Lugo. A área viguesa incrementou ata 517 os seus positivos (+16) e a lucense subiu a 185 (+3). Con todo a área de Pontevedra mantense, non baixou ningún caso.

A Coruña: 927 (-7)

Vigo: 517 (+16)

Pontevedra: 209 (=)

Santiago: 269 (-3)

Lugo: 185 (+3)

Ferrol: 177 (-12)

Ourense: 156 (-4)

A parte boa é que os ingresados nos hospitais galegos por coronavirus continúan descendendo. Na UCI hai agora 36 persoas, tras abandonar tres pacientes a unidade de graves. En planta hai 187 persoas (-11) o que deixa o número de hospitalizados por coronavirus en 223 persoas.

As mortes non cesan. O Sergas notificou 4 novos decesos de persoas diagnosticadas de coronavirus o que eleva a 2.329 os mortos con COVID-19 desde o inicio da pandemia en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS