miércoles, julio 17, 2024
InicioNewsComarcasVolven os contaxios a Arbo e Mos sitúase na incidencia máis baixa

Volven os contaxios a Arbo e Mos sitúase na incidencia máis baixa

A COVID-19 volve estar presente entre a veciñanza de Arbo e en Mos non hai agora máis 10 casos por cada 100.000 habitantes.

Segundo a última actualización do SERGAS, o concello de Arbo sae da listaxe dos municipios libres de COVID-19 e sitúase agora nunha incdiencia entre os 25 e os 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Á mesma presión do virus á que aumenta A Guarda e na que se manteñen O Rosal, Oia, Nigrán, Vigo, Redondela, Crecente e As Neves. En Mos non hai, arestora, máis de 10 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días. Así, este municipio da Louriña comparte a incidencia máis baixa con  Ponteareas, Fornelos de Montes e Tui. Estes dous últimos, sen contaxios nunha semana aínda que si en 14.

Deste xeito, son só tres municipios os que continúan libres do virus. Un deles pertence á comarca da Paradanta, O Covelo; outro a do Condado, Mondariz-Balneario e, na actualización de onte, incorporouse o municipio da Louriña, Salceda de Caselas. Soutomaior, Tomiño e Mondariz descenden ata a incidencia inferior a 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana na que continúan, con respeto á xornada anterior, A Cañiza, Salvaterra de Miño e O Porriño.

Os concellos coa peor situación epidemiolóxica son Baiona e Pazos de Borbén con máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Deles, é o de Pazos o que rexistra unha maior presión do virus entre a súa veciñanza con máis de 150 contaxios por cada 100.000 habitantes en 14 días. Gondomar empeora os seus datos ao contar agora con máis de 75 casos por cada 100.000 habitantes.

Dúas mortes por mor da COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo

O SERGAS noitifica o falecemento de dúas persoas na Área Sanitaria de Vigo por mor da COVID-19 no CHUVI. Trátase de dous homes de 97 e 75 anos respectivamente. Son xa 411 as que perderon a vida a causa do virus desde o inicio da pandemia na área.

Aumentan en 16 os casos positivos activos ata os 517 e diminúe nunha persoa os pacientes ingresados pola COVID-19. Son 43 en camas convencionais e 8 nas UCI. No conxunto de Galicia, son 7 casos menos activos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES