jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta recorre a sentenza que obriga a indemnizar aos Franco polo...

A Xunta recorre a sentenza que obriga a indemnizar aos Franco polo Pazo de Meirás

O Goberno galego posiciónase en contra de pagar aos herdeiros do ditador polos gastos de mantéemento das instalacións desde 1975 porque actuaron «de mala fe».

A Xunta de Galicia vén de presentar na Audiencia Provincial da Coruña, para a súa elevación ante á Sala Primeira do Tribunal Supremo, un recurso contra a sentenza que confirma a titularidade pública do Pazo de Meirás, pero obriga a indemniza á familia Franco polos gastos de mantéenmete das instalacións dende a morte do ditador, en 1975. O goberno galego considera que houbo “mala fe” na posesión do inmoble por parte de Franco e os seus herdeiros.

O recurso subliña a incoherencia que supón que a resolución xudicial cualifique, dunha parte, a posesión da familia Franco sobre as Torres de Meirás de boa fe e, por outra, considere probado que foran coñecedores da situación na que se adquiriu o inmoble. Neste senso, entende que quedan infrinxidas as normas procesais ao concorrer nunha contradición entre os elementos probados na sentenza e a propia conclusión.

“Á vista dos feitos probados declarados na sentenza, non pode deducirse, sen atentar contra as regras máis elementais da lóxica e da razón, que estamos ante unha posesión de boa fe, pois é obvio que Francisco Franco non só era coñecedor do vicio do seu título, senón que ademais fixo intentos forzados para ocultalo”, detalla o escrito. Igualmente, sinala que “houbo unha transmisión da mala fe á súa filla, posto que existen feitos declarados na sentenza que necesariamente conducen a pensar que a mesma era consciente do vicio da posesión” por parte do seu proxenitor.

A Asesoría Xurídica da Xunta conclúe que os propios pronunciamentos da sentenza son os que permiten sustentar que a posesión de Francisco Franco era de mala fe. Tamén incide en que a súa dona e a súa filla eran coñecedoras desta situación e que, polo tanto, debe revocarse a decisión xudicial que recoñece que os demandados teñen dereito a recibir unha indemnización.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES