jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsA RaiaA raia mobilízase polo escandaloso peche da fronteira

A raia mobilízase polo escandaloso peche da fronteira

Os alcaldes e alcaldesas da raia do Miño retoman as protestas para urxir a reapertura dos pasos fronteirizos para os traballadores.

Como xa aconteceu nos meses de maio e xuño do ano pasado, o peche da fronteira  perxudica gravemente aos traballadores transfronteirirzos, obrigados, en moitos dos casos, a percorrer ata 100 kilómetros ao día para cumplir coas súas obrigas laborais. Una decisión tomada polos gobernos de España e Portugal que, a ollos do Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza Río Miño, é «un auténtico escándalo».

«Parécenos escandaloso que, despois do acontecido o ano pasado, se volva a repetir o mesmo erro, que é deixar un único paso fronteirizo nunha fronteira (a do Miño) que representa o 50% dos vehículos que pasan por aquí», manifestou o vicepresidente da AECT Río Miño, Uxío Benítez, hoxe sobre a vella ponte internacional de Tui, na primeira mobilización para reclamar a reapertura das pontes da raia cos controis pertinentes. 

Benítez estivo acompañado por oito alcaldes galegos e seis presidentes das Câmaras municipais lusas. Entre todos sostiveron as letras «SOS» nunha chamada de auxilio aos gobernos de Madrid e Lisboa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS