jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoVigo estrea este mes un novo xulgado social

Vigo estrea este mes un novo xulgado social

É un dos tres xulgados que comezarán a funcionar en Galicia a partir do 31 de marzo para axilizar a tramitación de causas derivadas da pandemia.

Tres novos xulgados do social entrarán en funcionamento en Galicia a partir do día 31 de marzo. Así o anunciou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, detallando que os novos xulgados son o número 7 de A Coruña, o número 4 de Lugo e o número 7 de Vigo. Os tres foron incluídos polo Ministerio de Xustiza no Plan Especial COVID-19, para contribuír a axilizar a tramitación de causas motivadas pola crisis derivada da pandemia no ámbito social.

Losada explica que os novos xulgados do social en A Coruña, Lugo e Vigo entrarán en servizo na data na que a Xunta de Galicia garante que terá habilitados locais e disporá de persoal para poder funcionar.

Neste senso, o delegado do Goberno recorda que a creación dos novos xulgados foi acordada polo Ministerio en 2020, e que o desexo do Executivo nacional era que comezaran a traballar no mes de decembro, pero isto non foi posible porque a Xunta comunicou que a ata o 31 de marzo non podería dispor dos medios materiais e humanos necesarios para a súa entrada en funcionamento. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES