sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcas"O remanente do Concello ten que ir para ás persoas que máis...

«O remanente do Concello ten que ir para ás persoas que máis o precisan»

O alcalde de Nigrán explica a moción que levarán ao pleno de marzo: empregar o remanente para paliar os efectos da COVID-19.

Así, o rexedor, Juan Gónzalez, explica para os informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia, as pretensións do goberno de Nigrán para empregar o remanente, «uns aforros que ten o Concello e que agora podemos gastar polo cambio de lei a nivel estatal». Uns aforros que «como non podía ser doutra maneira irán para as persoas que peor o están a pasar pola pandemia».

Máis de 220.000 euros dese remanente irán para o sector da hostalería do municipio, segundo explica González. O goberno levará a moción ao próximo pleno. «Unha moción que saírá adiante gracias á confianza que nos depositaron os veciños e as veciñas de Nigrán», aínda que agarda que exista unanimidade.

Ademais do antedito, destinarase 150.000 euros para adquirir máis mercancía do Banco de Alimentos Municipal e 60.000 euros para a compra de EPIS, entre outros.  

Escoita aquí a entrevista completa: 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS