sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísDetectados 23 positivos nun instituto de Ferrol

Detectados 23 positivos nun instituto de Ferrol

O Sergas localizou 23 positivos de COVID-19 entre estudantes do centro educativo Tirso de Molina en Ferrol, durante un cribado a 390 alumnos e profesores.

A doutora Cristina Pérez, do comité clínico galego:

As probas iniciáronse este xoves e remataron este venres. Os cursos aos que pertencen estes alumnos son de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Todos os alumnos que deron positivo nas probas PCR son asintomáticos, non hai ningún profesor afectado, e foi preciso pechar catro aulas, por orde da Consellería de Sanidade ao centro educativo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES