O concello fixo entrega destas aparatos co fin de garantir a boa calidade do aire nas aulas
O Concello de Salceda de Caselas fixo entrega nestes días de medidores de CO2 en todos os centros escolares do municipio “para garantir a boa calidade do aire dos nosos nenos e nenas e previr posibles contaxios de COVID-19”.
Dende o consistorio agradecen á Asociación Sapix e á ANPA do CRA As Landras “o esforzo realizado para que isto fose posible, así como a boa predisposición das direccións dos centros escolares públicos do noso concello”.