A compañía de teatro Xerpo tráenos unha proposta teatral en liña, ás 21.00 horas, cada sábado do mes
O público desde o seu sofá poderá experimentar un espectáculo escénico ao vivo a través da aplicación Zoom. Dende Xerpo sinalan que «por primeira vez en Galicia e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, teatro virtual, teatro na casa, teatro de salón ou teatro confinado”.
PEZA TEATRAL | DATA | INSCRICIÓN | HORARIO |
GREGOR-E (estrea) | 6 de marzo | Do 1 ao 5 de marzo | 21 horas |
#InterferenciaVarada | 13 de marzo | Do 8 ao 12 de marzo | 21 horas |
La Teoría de la Pelvis | 20 de marzo | Do 15 ao 19 de marzo | 21 horas |
A Comuna da Ingrávida |
27 de marzo | Do 22 ao 26 de marzo | 21 horas |