sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoUnha hora no futuro parking subterráneo de Tui custará 1,17 euros

Unha hora no futuro parking subterráneo de Tui custará 1,17 euros

A mesa de contratación xa adxudicou o proxecto á empresa Herce-ICT Aparcamientos S.L., que acortou o prazo de execución da obra ata os 10 meses.

Dúas empresas presentáronse ao concurso público convocado polo Concello de Tui para adxudicar a construción e explotación dun parking subterráneo na traseira da Área Panorámica. A empresa Herce-ICT Aparcamientos S.L. foi a que acadou a mellor puntuación na mesa de contratación, pois acortou o prazo de execución da obra ata os 10 meses, en lugar dos 18 meses previstos inicialmente. Precisamente os pregos daban maior puntuación ás candidatas que propuxeran facer o traballo no menor tempo posible e evitar así un impacto menor no tráfico da cidade durante os meses que perduren as obras.

O aparcamento subterráneo será dunha planta e contará con 298 prazas, de cales 36 serán mercadas polo Concello para por a disposición do centro de saúde y outras 39 sairán á venda directa por 12.800 euros máis IVE. No caso de non atopar compradores para a totalidade das 39 prazas, o Concello deberá adquirir as sobrantes. Quedan, polo tanto, 223 prazas para a rotación de vehículos. O prezo por minuto para a ocupación destes postos será de 0,0195 euros máis IVE, polo que, a hora de estacionamento no futuro parking de Tui terá un custo de 1,17 euros máis IVE.

Eliminación dos «leiraparkings»

A empresa gañadora do concurso público para a construción e explotación do aparcamento a 40 anos deberá agora entregar unha serie de documentación para converterse na adxudicataria firme. Logo, terá 10 meses para executar a obra, o que eliminará moitas das prazas de balde actuais, pois unha das condicións do contrato é que o Concello se compromete a pechar todos os aparcamentos disuasorios (leiraparkings) do municipio e a suprimir as non reguladas nas rúas Compostela e Ourense. Ademais, compre salientar que, precisamente na rúa Ourense, estarán localizadas as rampas de acceso e saída de vehículos usuarios do parking soterrado.

Outra das consecuencias do aparcamento subterráneo é que, por fin, o casco urbano de Tui contará cun gran espazo verde na superficie da traseira da Área Panorámica con dúas entradas e saídas peatonais. O Concello de Tui deberá asumir a súa humanización.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS