martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsO PaísSoutomaior, o único concello de Galicia en nivel máximo de restricións

Soutomaior, o único concello de Galicia en nivel máximo de restricións

Sanidade decreta, logo da reunión do Comité Clínico, a apertura da Área Sanitaria de Ferrol, permanecendo pechadas as da Coruña e a de Pontevedra

Soutomaior é o único concello da comunidade no nivel máximo de restriccións, segundo vén de acordar o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia. Isto implica que o municipio queda permetrado de xeito individual , con mobilidade restrinxida e o peche dos locais da hostalería e da restauración. As medidas entran en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.

Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás polo que a hostalería non pode abrir no interior dos locais e a mobilidade só está permitida entre estes mesmos concellos.

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da COVID-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio, que permite a apertura dos locais da hostalería ao 30% do aforo no interior e ao 50 % do exterior e a mobilidade entre os mesmos municipios. 

Mañá, ás 12:00 horas, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrecerá unha conferencia de prensa na que explicará, máis polo miúdo, as novas medidas para facer fronte á COVID-19 na comunidade.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS