sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta adxudica unha parcela ao grupo tecnolóxico Arbinova na Plisan

A Xunta adxudica unha parcela ao grupo tecnolóxico Arbinova na Plisan

A Xunta formaliza a adxudicación dunha parcela de máis de 2.500 metros na Plisan ao grupo tecnolóxico Arbinova.

A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta mañá co grupo tecnolóxico Arbinova SL as escrituras polas que se lle adxudica formalmente a esta empresa unha parcela de 2.570,9 m2 na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan). En concreto, a firma accederá ao solo en dereito de superficie con opción a compra por un prazo de 30 anos, sen prexuízo da posible concesión de ata tres prórrogas.

Arbinova, que traballa no deseño e fabricación innovadora de implantes e instrumental específico para o sector veterinario, foi unha das tres empresas que resultou adxudicataria no proceso de poxa pública convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en 2019 para sacar parte da superficie da Plisan ao mercado.

A adxudicación realizouse en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao solo a cambio do pago cada ano dunha cantidade reducida por metro cadrado, o que lles facilita financiar a súa instalación e o inicio da actividade. En concreto, o canon anual a abonar equivale ao 1,5% do prezo da parcela durante os dous primeiros anos, ao 2,5% nos anos terceiro e cuarto, e ao 3,5% do prezo a partir do quinto ano.

En todo caso, os adxudicatarios teñen tamén a opción de adquirir a propiedade da parcela en condicións vantaxosas nos anos seguintes á adxudicación, con dereito a bonificacións e descontando do prezo de venda unha porcentaxe das cantidades xa satisfeitas.

Cómpre lembrar que o Consello da Xunta aprobou recentemente a oferta de solo empresarial nos seus parques para este ano (1,4 millóns de m2 repartidos en 545 parcelas) así como o mantemento das bonificacións e incentivos que desde 2015 ofrece ás empresas para facilitarlles o acceso a esta superficie. A Xunta é partidaria de manter esas condicións vantaxosas tamén no caso da Plisan, para o que estuda con Zona Franca e o Porto de Vigo a fórmula concreta coa que se comercializarán este ano as parcelas aínda dispoñibles, segundo aseguran.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS