lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasNigrán, o primeiro concello das bisbarras cunha incidencia inferior a 150

Nigrán, o primeiro concello das bisbarras cunha incidencia inferior a 150

O Concello de Nigrán rexistra unha incidencia inferior a 150 casos por cada 100.000 habitantes con 20 positivos diagnosticados entre a súa veciñanza en 14 días.

Amais, xa son oito municipios os que saen da zona de risco. Entre eles, Vigo con 735 casos novos en dúas semanas, segundo os datos facilitados polo SERGAS. Do mesmo xeito, As Neves, Arbo, Fonelos de Montes e Mondariz Balneario, con non máis de nove positivos en 14 días cadanseu. Fóra da incidencia superior os 250 casos por cada 100.000 habitantes, tamén se atopa Salvaterra de Miño con 16 casos, Baiona con 22 e Gondomar con 25.

Os demais municipios das comarcas continúan na zona de risco (superior os 250 casos). Con todo, consolídase na área a tendencia á baixa no númemero de novos casos diagnosticados en dúas semanas pois o único concello que aumenta é o da Guarda con 26 (+2)

Vigo 735 (-33)

Redondela 137 (-2)

O Porriño 91 (-4)

Ponteareas 85 (-11)

Soutomaior 77 (-7)

Mos 65 (=)

Tui 64 (-14)

Tomiño 55 (-2)

Salceda de Caselas 41 (-4)

Gondomar 25 (-1)

Pazos de Borbén 25 (-5)

A Cañiza 23 (-2)

Mondariz 23 (-3)

O Rosal 21 (-1)

Crecente 12 (=)

Oia 11 (=)

As Neves 1-9

O Covelo 1-9

Mondariz Balneario 1-9 (=)

Fonelos de Montes 1-9 (=)

 

Dúas persoas máis ingresada por mor da COVID-19 na Área de Vigo

A Área Sanitaria de Vigo descende en 111 o número de persoas con COVID-19. En total son 2029 positivos activos segundo o SERGAS. Con todo, aumenta a presión hospitalaria, pero dun xeito moi lixeiro, con dúas persoas máis con 142 pacientes ingresados. 25 delas precisan de Unidades de Coidados Intensivos (UCI).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS