sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísRespiro nas restricións dos comercios pero non da hostalería

Respiro nas restricións dos comercios pero non da hostalería

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá este mediodía para anunciar axustes nas restricións aplicadas en Galicia para conter a COVID-19. A Consellería de Sanidade avanza que os respiros serán para os comercios pero non aínda para a hostalería.

Julio García Comesaña:

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, considera que aínda é cedo para falar de desescalada e lembra que as cifras de ingresados en UCI son superiores ao pico do mes de marzo. Hai máis de 220 ingresados en situación grave e non unicamente persoas de idade avanzada. Fixo alusión ao linguaxe médico de «pronóstico reservado» para a situación actual no pais.

Ademais a positividade segue estando próxima ao 5% e aínda que hai 6.000 casos activos menos que fai unha semana, a mortalidade segue a ser elevada. O comité clínico analiza a situación na súa reunión deste luns.

Julio García Comesaña sinala que os resultados demostran que o peche da hostalería está a ser efectivo para frear os contaxios. A Sanidade preocúpalle tamén especialmente a presenza da cepa británica en Galicia que, como se ten demostrado é altamente contaxiosa.

A Xunta considera que é anticipado falar de «desescalada» aínda que outras autonomías estean a relaxar o toque de queda ou as restricións na hostalería.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS