jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas comezará a citar aos maiores de 80 anos esta semana

O Sergas comezará a citar aos maiores de 80 anos esta semana

Comezarán a recibir a vacina contra a COVID-19 pero os maiores de 80 anos comezarán a ser chamados polo Sergas este martes ou mércores para citalos. Recibirán dúas chamadas; unha de cita e outra de recordatorio.

O xerente do Sergas, José Manuel Flores:

A vacina da COVID-19 aos maiores de Galicia de 80 anos en diante comezará a administrárselles a partir do 22 de febreiro pero as chamadas para darlles data, hora e lugar comezarán xa este martes ou mércores, segundo anunciou o xerente do Sergas, José Manuel Flores.

A letra do primeiro apelido pola que se comezará a citar aos anciáns de Galicia decidirase por sorteo e os chamamentos serán por orde alfabético. Os familiares poderán devolver a chamada ao teléfono do que reciban a cita en caso de que teñan algunha dúbida.

Sanidade prepara un rexistro dos maiores de 80 anos con problemas de mobilidade para vacinalos nos seus domicilios.

Serán máis de 200.000 persoas as que recibirán a inxección de Pfizer ou Moderna.

A previsión é que este colectivo poida quedar inmunizado a finais de abril ou principios de maio, ou antes, se aumenta o envio de doses actual.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES