lunes, octubre 14, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboHoxe comeza o Ano Novo chinés

Hoxe comeza o Ano Novo chinés

Feliz ano do boi!

Este venres, milleiros de persoas celebran a chegada do Ano Novo chinés, que este ano está dedicado ao boi.

Comida, pirotecnia, roupa especial e lanternas vermellas marcan cada ano a celebración.

A razón pola que o ano novo chega nesta data é porque debe coincidir co inicio do ano novo lunar, que é cando se inicia o ciclo da lúa nova. Debido a que depende diso, a data do Ano Novo chinés cambia cada ano, pero sempre cae entre o 21 de xaneiro e o 20 de febreiro, e sempre está adicado a un animal do horóscopo chinés.

O ano novo chinés tamén é coñecido como o Festival de Primavera e as celebracións chegan a estenderse ata 16 días.

É a celebración máis importante para os chineses e chinesas, pero este ano estará marcada pola pandemia de coronavirus.

Cada ano leva o nome dun dos 12 animais que figuran no zodíaco chinés: rata, boi, tigre, coello, dragón, serpe, cabalo, cabra, mono, galo, can e porco. Así que os animais teñen un ano adicado a eles unha vez cada 12 anos.

Na cultura chinesa, o boi é leal e digno de confianza. Dise que as persoas nacidas no ano do boi son bos líderes e moi bos facendo cousas.

Vén despois do da rata, que é o primeiro na lista e que pola súa audacia gañoulle o lugar ao boi, segundo o mito. A historia di que un emperador dixo que a orde decidiríase segundo a orde na que chegaran os animais á súa festa. A rata enganou ao boi para que a levara no seu lomo. Logo, xusto cando chegaban á liña de meta, a rata saltou e quedou diante do boi, logrando así o primeiro posto.

As celebracións en 2021 serán un pouco diferentes, especialmente en lugares onde todavía existen estritas restriccións pola pandemia de coronavirus.

Isto significa que moitos non poderán congregarse en verbenas populares, nin poderán facer grandes reunións familiares.

O tradicional para millóns de persoas en China é viaxar por todo o país antes do ano novo para pasar tempo coa familia, pero as autoridades pediron que non se faga, segundo informa a BBC. Quenes se arrisquen, deben someterse a probas e a súa saúde debe ser controlada.

Tamén é tradición limpar moi ben o fogar para preparalo para as celebracións. Logo, cando chega o día de Ano Novo, hai que evitar coller a escoba para non perder a boa sorte.

Hai grandes festíns que inclúen sopa de fideos, que tradicionalmente trae sorte para o ano entrante. E disfrutan de desfiles e espectáculos con bailaríns que empregan traxes tradicionais.

Tamén se emprega pirotecnia, porque se cre que o ruído e as luces espantarán aos malos espíritus durante os próximos meses.

Os adultos tamén entregan sobres vermellos aos nenos e nenas con cartos dentro.

As festividades continúan durante dúas semanas, chegando ao seu fin cun festival especial de lanternas, un dos momentos máis coloridos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS