viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaMos preparase xa para unha chegada de La Vuelta 21

Mos preparase xa para unha chegada de La Vuelta 21

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, orgullosa e agradecida a Óscar Pereiro “por apostar por Mos e deseñar unha etapa que demostra o profundo cariño e o gran coñecemento do seu pobo”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Embaixador de la Vuelta e gañador dun Tour de Francia, o mosense Óscar Pereiro, achegáronse ata o Castro de Herville, na parroquia de Cela, lugar no que rematará a penúltima etapa da edición deste ano de La Vuelta Ciclista a España.

Pereiro, recén chegado a Mos desde Burgos, onde participou onte na presentación oficial do percorrido de La Vuelta 21, explicou que a etapa 20, Sanxenxo – Mos, Castro de Herville (Cela) “percorrerá 7 das 10 parroquias mosenses (cun tramo de 2 km ao 11,8% de desnivel) é trátase dunha etapa que deseñei con moito cariño e dándolle moitas voltas á cabeza para que fose especialmente bonita”.

Oscar Pereiro ‘firma’, deste xeito, o deseño do seu primeiro percorrido completo de La Vuelta, xa que o ano pasado interviu no deseño da etapa que partiu de Mos pero sen asumir a autoría da etapa completa.

Palabras da alcaldesa de Mos, Nidia Árevalo:

É moi importante, atopándonos en tempos de crise sanitaria da COVID-19, o aspecto do sinxelo acceso á etapa para os afecionados que poderán fácilmente mirar a carreira a pé de estrada en tres puntos na mesma etapa.

Esta penúltima etapa de La Vuelta terá lugar o vindeiro 4 de setembro e nela decidirase o campión de La Vuelta Ciclista a España a falla da contra reloxo en Santiago. Será unha etapa de 173,6 km con subidas e baixadas constantes e cinco portos curtos pero duros entre a Serra da Groba e a do Galiñeiro. Tódolos ascensos coñecidos polos cicloturistas da zona e descoñecidos para a gran competición. Terá un final en alto e nos últimos 50 km non contará con nin un só quilómetro en chan, será un continuo subir e baixar.

O mosense Embaixador de La Vuelta salientou “a continuidade dos 5 portos, sen prácticamente terreo chan entre eles e máis de 3.000 metros de desnivel en 90 km; e o percorrido por estradas interiores”. “A maioría dos ascensos son subidas estreitas con pendentes duras. Unha emboscada. Unha etapa deseñada para facer dano os últimos 40 ou 50 km”, comenta, sobre a que foi unha ruta habitual de adestramento nos seus tempos de ciclista profesional. “A base de facer 400.000 km na miña vida por esas estradas e pasar 50.000 veces por ahí coñecín en profundidade esta zona pola que é difícil que alguén pase, se non o fai en bicicleta”.

Palabras do embaixador de La Vuelta 21, Óscar Pereiro:

Óscar Pereiro trouxo o pasado novembro ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a ver o percorrido. O propio Óscar declara que quedou, literalmente, “flipado”. O de Mos asegura que Guillén non será o único e “o trazado sorprenderá, especialmente as dúas subidas finais porque hai que coñecelas”.

Será a última etapa competitiva en liña da edición deste ano, sendo Concello protagonista da emblemática competición ciclista por segunda vez consecutiva. A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, pero a última etapa competitiva en liña, polo que o vencedor decidirase en Mos case con total seguridade.

Desde o Concello de Mos estámoslle inmensamente agradecidos a Óscar Pereiro por ser o primeiro e principal valedor do noso pobo

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, aproveitou para destacar que “desde o Concello de Mos lle estamos inmensamente agradecidos a Óscar Pereiro por ser o primeiro e principal valedor do noso pobo, de Mos, nesta fazaña deportiva que volve a situar a Mos no mapa e a convertilo xa, indiscutiblemente, en emblema nacional do ciclismo”. E declarouse “satisfeita e enormemente orgullosa de que La Vuelta volte a elixir a Mos dentro do seu percorrido e ademais por segundo ano consecutivo. Facendo a Mos protagonista en dúas edicións consecutivas de La Vuelta, saída de etapa o ano pasado e chegada da penúltima etapa este ano”.

Por último, Arévalo deulle novamente as grazas a Pereiro “por apostar por Mos e deseñar unha etapa que demostra o profundo cariño e un gran coñecemento do seu pobo”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES