viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño financia un dos poucos premios de textos teatrais

Porriño financia un dos poucos premios de textos teatrais

A primeira edición da obra «A cámara escura», de José Luis Baños, foi presentada na Vila do Louro.

A obra gañadora da III edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, impresa pola Editorial Galaxia, presentouse no Concello do Porriño.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, actuou como anfitrioa do acto xunto co autor, José Luis Baños, e acompañada por Francisco Castro, director xeral da editorial e Raquel Castro, secretaria do xurado permanente do certame.

Palabras de Lourdes Moure:

O premio está instituído pola Editorial Galaxia e o Instituto Ribeira do Louro do Porriño e o Concello do Porriño é o patrocinador cunha achega anual de 2.000 euros.

José Luis Baños, o autor galardoado en 2020, reivindicou «a importancia deste premio por promover a escrita teatral para adolescentes, que vén cubrir un oco que existe entre o teatro familiar e que xa se centra nos adultos».

Palabras de José Luis Baños:

A profesora Raquel Castro, secretaria do xurado, valorou que o texto de José Luis Baños «presente un rexistro de linguaxe urbana próximo á mocidade».  Engadiu que «esperamos que poida representarse en escena, unha vez que saiamos das restricións actuais».

Palabras de Raquel Castro:

Francisco Castro, director xeral da «Editorial Galaxia», agradeceu o compromiso de gobernos municipais como o Concello do Porriño no apoio á cultura.  «Necesitamos políticos que, como sucede aquí no Porriño, con vostede Lourdes, sexan cómplices da cultura».  Francisco Castro lamentou que «mentres os estancos están abertos desde o primeiro día do estado de alarma, como servizo esencial, as librarías teñen que pechar», segundo reclamou o director da editorial.

Palabras de Francisco Castro:

Por último, Lourdes Moure, afirmou que «mentres eu estea a cargo destas responsabilidades públicas como concelleira de Educación, o Concello do Porriño manterá o seu apoio a este premio».  «Dende o primeiro momento tiven claro que o noso deber como administración pública era estar ao lado dunha iniciativa tan lúcida e á vez tan centrada na nosa mocidade», concluíu Moure Varela.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES