viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasParadanta"O Ministerio ten que explicar os prazos do túnel do Folgoso"

«O Ministerio ten que explicar os prazos do túnel do Folgoso»

O deputado nacional por Pontevedra, Diego Gago, reclama unha «solución de urxencia» para o tramo do túnel da Cañiza que permanece pechado en sentido Ourense.

Os deputados Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla, cunha iniciativa conxunta cos representantes de Ourense, piden a comparecencia do Secretario do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Pedro Saura, para que explique cales son os prazos e as actuacións concretas «para resolver canto antes a complicada situación xerada polo peche do túnel da Cañiza». Esíxenlle ao Ministerio una solución «con urxencia» polo impacto económico e social.

Critica Gago a situación «deplorable» da N-120 pola que os vehículos deben desviarse por mor do peche do túnel en sentido Ourense. O 25 de xaneiro tivo lugar un incendio dun camión que transportaba oito vehículos. Permanecerá clausurado ata maio.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES