martes, abril 23, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboPor que 3 países distintos buscan chegar a Marte á vez

Por que 3 países distintos buscan chegar a Marte á vez

Febreiro será un mes decisivo para a exploración de Marte.

Segundo información da BBC, pouco despois das 4:15GMT deste martes ingresou na órbita do planeta vermello Hope, a misión enviada por Emiratos Árabes Unidos, a primeira dun país árabe.

Fíxoo logo de levar a cabo unha complexa maniobra de freado para poder ser capturada pola gravidade do planeta.

A seguinte foi a misión Tianwen-1 de China, que entrou na órbita do planeta vermello este mércores cun vehículo que se agarda estea na superficie para maio. E Perseverance, da NASA, aterrará o 18 de febreiro.

A cercanía das datas débese a que as tres misións aproveitaron unha «xanela» que sucede cada certo tempo na que a distancia entre Marte e a Terra é menor.

A separación entre os dous planetas cambia constantemente debido ás súas diferentes velocidades cando orbitan arredor do Sol, polo que o mellor momento para lanzar misións que requiran a menor cantidade de combustible sucede unha vez cada 26 meses.

Pero igual que con calquera misión a Marte, as tres naves espaciais enfrontan desafíos tremendos, incluídos os infames «sete minutos de terror», o tempo que tarda unha nave espacial en baixar desde a parte superior da atmosfera do planeta ao chan.

A metade de tódalas misións anteriores ao planeta vermello remataron en fracaso. Entón como agardan os científicos logralo esta vez? E que buscan investigar?

A histórica primeira misión de Emiratos Árabes a Marte despegou de Xapón en xullo do ano pasado. E o éxito da manobra para ingresar en órbita foi anunciado en vivo por televisión e polas redes sociais polo director da mesma, Omran Sharaf, desde a sala de operacións do Centro Espacial Mohamed bin Rashid de Dubai. A sonda explorará a atmosfera do planeta vermello, algo que non se fixo en ningunha misión anterior a Marte. En particular, os científicos cren que pode contribuír á nostra comprensión de como o planeta perdeu grande parte do seu ar e, con el, grande parte da súa agua.

A diferencia das misións chinas e estadounidenses, Hope non aterrará en Marte, senon que se quedará en órbita no planeta durante alomenos un ano marciano, ou 687 días.

Agárdase que os seus datos comecen a chegar á Terra en setembro.

O corresponsal de BBC Science, Jonathan Amos, describiu a misión Hope como un «esforzo científico». «Considéra[se] en grande medida como un vehículo de inspiración, algo que atraerá a máis mocidade nos Emiratos e en toda a rexión árabe a estudar ciencias na escola e na educación superior», dixo.

Só Estados Unidos, India, a antiga Unión Soviética e a Axencia Espacial Europea chegaron antes a Marte con éxito.

A chegada de Hope coincide co 50 aniversario da formación dos Emiratos Árabes Unidos. Os grandes edificios e lugares de interés no país ilumináronse de vermello pola noite, as contas do goberno están adornadas cun hashtag e imaxes alusivas e, no gran día, o Burj Khalifa de Dubai, a torre máis alta do mundo, será o centro dun espectáculo de celebración.

A primeira misión de exploración de Marte de China, chamada «Preguntas ao ceo», en realidade no aterrará ata dentro de tres meses.

Isto permitirá aos enxeñeiros avaliar as condicións atmosféricas do planeta antes de intentar o que será un descenso peligroso. Para aterrar en Marte, os científicos deben afrontar o desafío de reducir a velocidade de entrada, que é de 20.000 km/h, a case a velocidad na que camiña un humano para o momento de «baixar as rodas».

China agarda aterrar o seu dispositivo de 240 kg nunha explanada dentro da conca de impacto Utopía en maio. O robot, impulsado por paneis solares desplegables, estudará a xeoloxía da rexión, na superficie e xusto debaixo dela. Un mástil alto leva cámaras para tomar fotografías e facilitar a navegación. Cinco instrumentos adicionais axudarán a avaliar a mineraloxía das rochas locais e buscarán xeo de auga. Aos científicos chinos gustaríalles que o robot estivera en servizo alomenos 90 días. Ata agora, só os estadounidenses lograron levar a cabo operacións de longa duración en Marte (as misións soviéticas Mars-3 e Beagle-2 de Europa duraron pouco tempo).

Tianwen-1 xa enviou a súa primeira imaxe de Marte á Terra: unha foto en blanco e negro que amosa características xeolóxicas coma o cráter Schiaparelli e o val Marineris, unha vasta franxa de canóns na superficie marciana. A imaxe foi tomada desde unha distancia de 2,2 millóns de kilómetros de Marte.

Tianwen-1 non é o primeiro intento de China de chegar a Marte. Unha misión anterior con Rusia en 2011 rematou prematuramente cando o lanzamento fallou.

Mais o país está confiado despois de enviar dúas misións á Lúa. Coa segunda o ano pasado, China convirteuse no primeiro país en facer un aterraxe exitoso no «lado escuro» do satélite.

A Perseverance da NASA buscará evidencia de vida microbiana antiga en Marte.

Colleitará mostras de rochas que poderían proporcionar pistas invaluables sobre se algunha vez houbo vida no planeta vermello.

Agárdase que o vehículo máis grande e sofisticado xamais enviado a aterrar noutro planeta aterre en Marte pouco antes das 21:00 GMT do xoves 18 de febreiro, nun cráter case ecuatorial chamado Jezero.

«Cando os científicos miran o noso lugar de aterraxe, o cráter Jezero, ven a promesa científica de todo: os restos dun antigo río que flúe cara adentro e cara fóra deste cráter e pensan que ese é o lugar para buscar sinais de vida pasada», di Allen Chen, o enxeñeiro que lidera o esforzo de Entrada, Descenso e Aterraxe (EDL) para Perseverance. Porén, o experto tamén ve certos riscos. «Hai perigo en todas partes. Hai un cantil de 60 a 80 metros de altura que atravesa o centro do noso lugar de aterraxe. Se miras cara o oeste, hai cráteres dos que o robot non pode sair mesmo se aterramos con éxito nun deles.  E se miras cara ao leste, hai rochas grandes polas que non se podería mover», explica á BBC.

Afortunadamente, Perseverance ten algunhas tecnoloxías probadas que deberían garantir que chegue a un punto seguro na superficie.

O tamaño do aparato é aproximadamente o mesmo que o dun auto SUV pequeno e pesa unha tonelada.

O vehículo pode moverse de xeito autónomo 200 metros por día e está equipado con 19 cámaras e dous micrófonos, co que os científicos agardan gravar os primeiros sons de Marte. A misión tamén intentará voar un dron que pesa 1,8 kg noutro mundo por primeira vez. Malia as súas promesas, só descubriremos o alcance total do achádegos de Perseverance cando as mostras colleitadas no planeta vermello regresen á Terra. Isto sucederá despois de que remate a misión, dentro de dous anos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES