lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsO PaísSobe a positividade pero baixan os hospitalizados e os infectados

Sobe a positividade pero baixan os hospitalizados e os infectados

A OMS recomenda un teito de positividade do 5% para ter controlada a pandemia e Galicia sitúase agora no 6,2%. Das 9.739 PCR realizadas, 603 foron positivas. Os casos activos baixaron en 749 e as hospitalizacións descenderon en 61.

A baixada de casos activos constata a boa tendencia na evolución da terceira vaga. Hai 15.894 casos activos, 749 menos ca onte, tras 648 novos positivos. Todas as áreas sanitarias baixaron o seu número de infectados, especialmente a de Santiago:

A Coruña: 4.590 (-83)

Vigo: 2.626 (-132)

Santiago: 2.188 (-171)

Pontevedra: 2.027 (-114)

Ourense: 1.569 (-130)

Lugo: 1.437 (-77)

Ferrol: 1.457 (42)

 

Nos hospitais galegos hai 1.084 persoas ingresadas: 856 en planta (-55) e 228 nas UCI (-6).

 

Na última xornada Sanidade notificou 17 novos decesos. Desde o inicio da pandemia finaron en Galicia por mor do coronavirus 2.056 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS