sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísSen acordo para rescatar á hostalería e aos autónomos

Sen acordo para rescatar á hostalería e aos autónomos

A Xunta lamenta que os concellos e as deputacións non se unan o plan de rescate, que comezará a tramitar para que chegue coa máxima celeridade.

O vicepresidente primeiro e conselleiro Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha nova xuntanza con representantes da Fegamp e das deputacións e co Clúster de Turismo.

Os representantes do Goberno galego lamentan que os concellos e as deputacións non se unan ao Plan e lembran que patronal, sindicatos, autónomos, e boa parte dos concellos pediron que sexa a Xunta a que xestione as axudas, xa que a avala a eficacia demostrada co primeiro Plan.

Neste sentido, a administración autonómica ampliou de 50 millóns de euros a 75 millóns de euros o orzamento do segundo plan de rescate. Adquire o compromiso de axilizar o máximo posible estas axudas «dado o seu carácter urxente».

O vicepresdiente, Alfonso Rueda, comezou a súa intervención en declaracións aos medios indicando que «o paciente morre, non temos tempo». Unha frase coa que inicizou a xuntanza o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal.

Pola súa banda, as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra consideran insuficiente o esforzo económico da Xunta de Galicia para unha liña de axudas «que vai destinada a múltiples sectores e non só a hostalaría», segundo apuntan nun comunicado conxunto. «Nin é plan nin é para a hostalaría», insiste na nota enviada aos medios. Critican tamén «a falta de vontade negociadora da Xunta» e que «aposte por destinar en solitario só 75 millóns de euros para todos os sectores»

As deputacións non están de acordo en que non se canalice as axudas a través dos concellos mentres que o goberno galego insiste en que os sectores afectados piden que sexa a administración autónomica quen xestione o plan de rescate «pola axilidade e eficacia que quedaron avaladas no primeiro Plan».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS