jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaA directora do CIM de Mos: "A toma de conciencia é un...

A directora do CIM de Mos: «A toma de conciencia é un proceso longo»

No primeiro semestre de 2020, soamente na provincia de Pontevedra, hai 158 medidas de protección comunicadas para víctimas de violencia machista.

No ano 2019, foron 6551 as denuncias que se rexistraron por Violencia de Xénero en Galicia e, segundo os informes do Poder Xudicial, no primeiro trimestre de 2020  son 1397 denuncias en Galicia. 

Estos son só algúns dos datos da lacra machista na provincia e na comunidade. O equipo de informativos de Si Radio falamos coa directora do Centro de Información á Muller de Mos (CIM), Elena Bastos. Este recurso é un dos máis próximos co que conta a muller que se atopa nunha situación de violencia de xénero. Nos CIM as profesionais aconsellan, forman e asesoran no eido xudicial. 

Nas comarcas hai Centros de Información á Muller en Gondomar, Mos, Nigrán, Ponteareas, Porriño, Redondela e Soutomaior, entre outros.   

Coa directora dun deles falamos en Si Radio para que nos achegue a súa labor no CIM de Mos. Elena Bastos explica que non hai un perfil de muller que sofre Violencia de Xénero e que a toma de conciencia é un proceso longo. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES