domingo, abril 14, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboVacinas COVID: secretismo extremo entre gobernos e farmacéuticas

Vacinas COVID: secretismo extremo entre gobernos e farmacéuticas

O mundo por completo dispútase un lugar na ringleira para recibir a vacina contra o coronavirus, un ben aínda escaso e producido por poucas empresas farmacéuticas. 

Os gobernos firman contratos coas compañías que desenvolveron esas vacinas en tempo récord e, porén, información altamente relevante deses acordos permanece oculta para a poboación debido a estritas cláusulas de confidencialidade. Canto custan ou como serán distribuídas son detalles que a maior parte da cidadanía descoñece, por esixencia explícita dos acordos firmados. En Perú, por exemplo, as negociacións entre o goberno e a compañía Pfizer embarrancaron por este motivo. En Colombia, o goberno afirma que as cláusulas de confidencialidade impídenlle ofrecer, aínda, un cronograma claro de vacinación. O problema é mundial.

 

Segundo información da BBC, en resposta a unha petición de información no Parlamento Europeo a mediados de novembro, a comisaria de Saúde, Estela Kiriakides, afirmou: «Debido á natureza altamente competitiva deste mercado, a Comisión está legalmente imposibilitada para desvelar a información que conteñen estes contratos». A ministra belga de Presuposto, Eva de Bleeker, tivo que retirar pouco despois de publicala unha mensaxe en Twitter na que recollía a lista de prezos dos laboratorios cos que negociara a UE. 

Ás queixas polo incumprimento dos compromisos adquiridos por algúns fabricantes de vacinas, súmanse agora as das voces que esixen maior transparencia nun asunto de saúde pública vital. E a polémica segue en escalada, sobretodo na Unión Europea (UE), molesta logo de que os laboratorios Pfizer e AstraZeneca lle comunicaran que non estarán en condicións de suministrar ao bloque a cantidade de doses iniciais acordadas. Isto levou a que, segundo fontes da UE citadas pola axencia Reuters, desde Bruxelas se esixa ás farmacéuticas que fagan públicos os termos dos contratos e ameacen con controlar as exportacións das vacinas producidas en Europa.

Segundo Jonathan García, experto en saúde pública na Universidade de Harvard, en EE.UU., «isto non é nada novo; é frecuente que nos contratos entre os sistemas de saúde dos países e as farmacéuticas se inclúan cláusulas de confidencialidade». «Os laboratorios buscan fraccionar o mercado para poder negociar prezos distintos cos distintos países», engade.

Isto permítelles negociar cos países en función dos seus recursos, ofrecéndolles prezos máis baixos aos países pobres ou en desenvolvemento e esixindo cantidades máis altas aos máis ricos.

A compañía AstraZeneca revelou que a vacina que desenvolveu en colaboración coa Universidade de Oxford terá un custo aproximado de entre 3 e 4 dólares por dose (requírense dúas doses). Mais este é, polo de agora, un caso excepcional. Ademais dos prezos, mantense moitas veces en segredo a información relativa á produción e loxística, así como as coñecidas como cláusulas de responsabilidade nas que se estipulan límites á responsabilidade dos laboratorios no caso de posibles efectos adversos dos medicamentos, e se indica que de haber desacordos non os resolverán os tribunais nacionais, senon unhas cortes especiais de arbitraxe internacional.

As voces que reclaman maior transparencia alertan de que a urxencia polo desenvolvemento dunha vacina para unha doenza que xa custou máis de dous millóns de vidas en todo o mundo, pode ter forzado aos gobernos a aceptar limitacións de responsabilidade moi superiores ao habitual.

Na Estratexia para a Adquisición de Vacinas que fixo pública a Comisión Europea dicíase que «a responsabilidade polo desenvolvemento e o uso da vacina, incluída calquera indemnización específica requerida, recaerá sobre os Estados membros que a merquen».

Un país de América Latina, Perú, vén de convertirse nun exemplo destacado dos problemas que supón esta limitación de responsabilidade para as farmacéuticas. As negociacións do goberno peruano coa compañía Pfizer para a adquisición da vacina non chegaron a bo porto porque, segundo dixo a ministra de Saúde, Pilar Mazzetti, «identificáronse algunhas cláusulas que requerían unha análise máis profunda para determinar a compatibilidade coas leis peruanas e os alcances que pode asumir o Estado».  A falta de acordo coa farmacéutica levou ás autoridades peruanas a buscar outras opcións, como a vacina do fabricante chino Sinopharm. Ao contrario do que sucede noutros países da rexión, como Arxentina ou Chile, a vacinación non comenzou aínda en Perú e as autoridades non poden ofrecer por agora un cronograma seguro.

En Colombia, o goberno foi obxecto de fortes críticas por non comezar aínda a vacinar á xente e aludir ás cláusulas de confidencialidade para xustificar por que no podía ofrecer ainda unha data para comezar a facelo.

A confidencialidade nos contratos, porén, conta con defensores, con base, sobretodo, nos chamados «subsidios cruzados». Ao poder cobrarlle máis aos países ricos, os laboratorios vense en condicións de ofrecer prezos asequibles aos países con menos recursos. O economista David Bardey sinala en conversacións coa BBC que se exisitira transparencia nos prezos dos medicamentos, «sería máis complicado para os laboratorios cobrar prezos máis altos aos países máis ricos se estes poden observar prezos menores para outros países.»

«Se queremos que os países máis desenvolvidos paguen máis, é mellor que os prezos non sexan públicos», indica o experto, que alerta ademais de que os países máis avanzados están adquirindo moitas máis doses das que necesitan porque «os seus gobernos teñen unha grande presión da súa opinión pública e iso estaos a empurrar a unha especie de nacionalismo sanitario». Outro factor son os dereitos de propiedade intelectual.

Un experto español en saúde pública que preferiu non dar o seu nombre resume o papel que, ao seu xuízo, están a xogar os grandes laboratorios occidentais: «Están a defender a súa patente para evitar que outros a fabriquen na India e poidan vendelas a menor custo aos países pobres».

Jonathan García cre que os argumentos a favor da transparencia gañan valor no contexto da pandemia. «Estamos a falar dunha emerxencia sanitaria global, dalgo que sucede cada 100 anos, ante o que un agardaría que o sistema empregara mecanismos moito máis transparentes e buscara un esquema máis cooperativo. Porén vemos que se segue buscando un mercado monopólico e mantener vantaxes nos prezos».

As diferencias no acceso ás vacinas levou ao mundo a un risco de «fracaso moral catastrófico», como definiu o director da Organización Mundial de la Saúde, o doutor Tedros Adhanom Ghebreyesus, o feito de que os países máis necesitados teñan que agardar anos para inmunizar a súa poboación.

A historia das epidemias amosa que non sería a primeira vez. xa sucedeu coa poliomielitis e a variola, doenzas erradicadas moito antes nos países máis avanzados. Ou co VIH, que todavía afecta gravemente a moitas poboacións africanas cando os pacientes no chamado primeiro mundo teñen visto prolongada significativamente a súa esperanza de vida grazas ao desenvolvemento dos tratamentos antirretrovirales.

«Os medicamentos están dispoñibles; o problema son os custos», indica García.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES