jueves, abril 25, 2024
InicioActualidadePenínsula e mundoO cancro de mama xa é o máis común no mundo

O cancro de mama xa é o máis común no mundo

Desprazou ao de pulmón, que durante dúas década foi o tumor maligno máis estendido e causante do maior número de mortes, así o confirma a OMS.

 A Organización Mundial da Saúde indica que, en xeral, dada a situación actual, unha de cada cinco persoas sufrirá dalgún tipo de cancro durante a súa vida, mentres que un de cada oito homes e unha de cada once mulleres morrerán como consecuencia desta enfermidade.
A pandemia da COVID-19 puxo en xaque a atención sanitaria en todo o mundo e provocou a interrupción da metade dos servizos dedicados é detección e tratamento do cancro. Témese que isto supoña un incremento da mortalidade por cancro nos vindeiros anos, segundo recoñece ou doutor André Ilbawi, especialistas en cancro da OMS, quen presentou unha análise da progresión desta enfermidade con motivo do Día Mundial do Cancro, o 4 de febreiro.

Aumento de casos

Segundo datos actualizados, 19,3 millóns de persoas foron diagnosticadas de cancro en 2020 e 10 millóns faleceron. Se ben os casos se incrementan cada ano, ocorre o mesmo coa probabilidade de supervivencia, grazas aos avances nos tratamentos e ás melloras no relativo á seguridade e a eficacia dos medicamentos. Tamén contribúen a elo que os diagnósticos se obteñan antes.

Factores de risco

Para o cancro de mama, un dos factores de risco máis comúns é a obesidade, pero o incremento na súa incidencia tamén se debe ao aumento da poboación e a que outras enfermidades que poden complicar o diagnóstico son mellor tratadas.
El consumo de tabaco é individualmente o primeiro factor de risco e responsable do 22 % de mortes por cancro en xeral.
Outros factores son o reducido consumo de froitas e verduras, a falta de actividade física, o alcol, infeccións como a hepatite ou o virus do papiloma humano e a contaminación ambiental en interiores e exteriores, lembran dende a OMS.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES