lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os activos e os ingresos por COVID en Galicia

Baixan os activos e os ingresos por COVID en Galicia

Descenderon os casos activos de COVID-19 en Galicia ata os 22.440 positivos (-82) e tamén os hospitalizados 1.372 (-61). As UCI teñen 247 pacientes.

 

As cifras seguen a ser preocupantes pero reflexan unha melloría, moi pouco significativa aínda. Hai 1.372persoas  ingresadas (-67): 1.125 en planta (-61) e 247 nas UCI (-6).

Baixan os casos activos no conxuto de Galicia. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 22.440 persoas con covid-19, 82 menos ca onte. É o balance das últimas 24 horas, logo de 1.141 novos casos detectados, 28 falecementos notificados e 1195 altas.

A área de Pontevedra a que máis sube

A Coruña: 5.889 (+6)

Vigo: 3.867 (+6)

Santiago: 3.366 (-76)

Ourense: 2.815 (-59)

Pontevedra: 2.578 (+75)

Lugo: 2.093 (-42)

Ferrol: 1.832 (+8)

O dato acumulado do Sergas de contaxios ascende hoxe ata as 100.216 persoas. Onte detectáronse 1.141 positivos, 935 a través das PCR (+144), tras realizárense 13.465 destas probas (+2.385).

Isto revela unha positividade do 6,94 %, case ous puntos superiorao limiar do 5 % recomendado pola OMS, mais varios puntos por debaixo das elevadas cifras que viamos semanas atrás.

O número de persoas falecidas chega ás 1.843, logo de que o Sergas comunicara 28 novas mortes de COVID-19 en Galicia. Todas sen patoloxías previas e 8 delas vinculadas a residencias galegas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS