sábado, abril 27, 2024
InicioNewsComarcasAumenta a incidencia no Porriño, en Soutomaior e en Redondela

Aumenta a incidencia no Porriño, en Soutomaior e en Redondela

O Concello de Soutomaior ten xa 2.000 casos de incidencia segundo a súa poboación, segundo os datos facilitados polo SERGAS.

Deste xeito, o municipio rexistra cinco casos positivos máis en COVID-19 entre a súa veciñanza. En total, 151. Cómpre lembrar que o Servizo Galego de Saúde está a realizar un cribado no concello co fin de detectar persoas asintómaticas.

O Porriño é o concello que máis aumenta os novos casos diagnosticados en dúas semanas, logo de Vigo. Alcanza os 130 (+9), segundo a última actualización do SERGAS.

En Redondela, son 251 casos en 14 días, oito máis que na xornada anterior.

A boa noticia é o descenso, máis que considerable, en Crecente (-24) ata os 31 e tamen nos dous dos concellos cunha peor situación epidemiolóxica: A Cañiza e Ponteareas con 13 menos cadanseu. 

3.000 persoas da veciñanza de Ponteareas e preto tamén de 3.000 da de Salvaterra de Miño están chamadas a participar no cribado do IFEVI.

Salvaterra de Miño 90 (-5)

As Neves 48 (-5)

Tui 175 (-5)

Nigrán 53 (-3)

Salceda de Caselas 102 (-3)

Arbo 23 (-3)

A Guarda 57 (-1)

O Covelo 35 (-1)

Oia 26 (=)

O Tomiño 131 (=)

Mondariz 66 (=)

Mondariz Balneario 9 (=)

Mos 82 (+1)

O Rosal 54 (+3)

Vigo 1430 (31)

Todos os concellos continuan na inidencia de risco: superior os 250 casos por cada 100.000 habitantes. A Cañiza rexistra unha incidencia de 2206 segundo a súa poboación e Soutomaior 2033. Os municipios do Condado e da Paradanta teñen unha incdiencia superior a 1000, agás Salvaterra de Miño que, coa última actualización, sepárase ata os 901.

Tui tamén se atopa na listaxe dos vilas cunha incidencia de 1000 casos ao igual que Salceda de Caselas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES