viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísRueda investido sexto presidente de Galicia coa maioría do PP

Rueda investido sexto presidente de Galicia coa maioría do PP

Co voto en contra do BNG e o PSdeG Alfonso Rueda convértese no sexto presidente de Galicia, ao contar co respaldo da maioría absoluta do PPdeG no Parlamento de Galicia. De novo na sesión houbo críticas desde a oposición de «continuismo» a Rueda, quen defendeu seguir pola boa senda que avalan os galegos.

 Na súa intervención, Alfonso Rueda sinaloue ante as críticas de «continuismo» por parte da oposición que «ao mellor pensaban que eu ía dicir que non e que rachaba con toda a etapa anterior».

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, acusou a Rueda de chegar á presidencia de Galicai de «rebote» e de «maneira accidental». «Todo o mundo sabe que vostede chega á presidencia de maneira accidental e ese accidente chámase corrupción no Partido Popular» dixo a nacionalista, quen no seu descurso propúxose como a alternativa de cambio.

Pontón acusou ao PP de non convocar eleccións en Galicia coa marcha de Feijóo porque «saben que perderían».

O voceiro socialista, Luis Álvarez, tendeulle a man a Rueda para que o seu partido resolva a situación catastrófica actual que hai en Galicia, pero calificou a súa política de «vella e esgotada».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES