O derrube de parte do viaduto da A6 ao seu paso por Pedrafita está a producir uns gravísimos prexuízos económicos na actividade das empresas da zona norte de Galicia e en xeral do conxunto da economía galega. Por ese viaduto pasaban miles de camións á semana que se enfrontan agora  a un aumento do custo do transporte nuns 50 euros por servizo.

Máis de catro mil postos de traballo están en xogo polo aumento dos custos e os problemas para trasladar os compoñentes para a construción de aeroxeradores eólicos. A alternativa de pasar por Vigo e Ourense é viable, aínda que máis custosa, para o transporte das pas pero non para os motores, que non caben por pontes como o de Rande. 

Os transportistas pediron que os transportes especiais poidan pasar de dous a cinco da madrugada polo propio concello de Pedrafita. Advirten de que todos os sectores económicos da Coruña dependen do transporte. Exponse, ademais, ir a outro paro do transporte pola nova subida dos carburantes.

Consideran inasumible as novas subidas, por encima dos dous euros. Solicitaron axuda económica ao goberno central, sinalan que a axuda anterior de 20 céntimos non chega. Piden 40 céntimos,para empezar. E axudas específicas para os profesionais da Coruña e Lugo afectados tamén polo derrube de parte do viaduto da A6 ao seu paso por Pedrafita.

¿E ti, es de Tweet?