jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísO sector clama á CE a paralización do veto a pesca de...

O sector clama á CE a paralización do veto a pesca de fondo

A suspensión temporal do veto á pesca en 87 áreas para os barcos de fondo é o que pide o sector, co respaldo da Xunta, á Comisión Europea. Piden ao Goberno central que lidere esa petición mentres se prepara o recurso a ese veto que comezaría a aplicarse o 9 de outubro.

 O veto á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Noroeste afectará moi duramente á comunidade galega, onde o sector do mar xoga un papel fundamental na economía, con 200 barcos afectados directamente. Por iso, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Mar, Rosa Quintana, mantiveron un encontro co sector afectado e, tras analizar a situación xunto a xuristas, acordaron pedir que o Goberno central recorra o regulamento xa publicado no Diario Oficial da UE. Ademais, mentres se prepara ese recurso o sector defende a petición dunha suspensión temporal da aplicación dese veto, unha solicitude que debe tramitar o Executivo español.

O veto a pesca de fondo nesas 87 zonas do Atlántico Noroeste afectaría á captura dun  60 % da pescada en Galicia ou ao 50 % desta especie en España. Tras reunirse co sector e expertos na materia, decidiuse impulsar que sexa o Goberno central o que recorra o regulamento, ante o que a Xunta dará o seu respaldo administrativo.

O Goberno de España  xa votou en contra de este veto na mesma liña que Irlanda e Francia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES