sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia gaña máis de 2.800 parados en xaneiro

Galicia gaña máis de 2.800 parados en xaneiro

Galicia pechou  xaneiro con 2.826 persoas máis paradas, o que supón unha subida do 1,99%, ata contabilizar 145.048 desempregados.

Son os datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo e Economía Social, que tamén revelan que nos últimos doce meses o paro baixou na comunidade en 8.884 persoas.

Pontevedra pechou xaneiro con 1.184 persoas máis anotadas ás listas das oficinas dos servizos públicos de emprego, mentres que A Coruña contabilizou 1.181 parados; Ourense, 284 e Lugo, 177. Dese total, o 58,3% dos parados en Galicia era muller.

Por sectores, o 71,3% dos parados corresponde ao sector servizos; o 10,3% ao de industria con 15.051 desempregados en total, o 7% pertence ao da construción e finalmente, o 3,3% ao da agricultura con 4.809 persoas. Ademais, os datos do Ministerio de Traballo apuntan a que 11.618 persoas desempregadas na Galicia non tivera un emprego antes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES