A Xunta de Galicia aplicará unha  bonificación do 50 % no imposto sobre o patrimonio en Galicia, ao sumar un 25 % ao 25 % que xa se aplicaba. Anunciouno o presidente Rueda de cara ao Orzamento de 2023.

O imposto sobre o Patrimonio, que deben abonar, segundo a Axencia Tributaria de Galicia, aquelas persoas con bens ou dereitos valorados en máis de 2 millóns de euros, terá unha bonificación que alcanzará o 50 %.

Na actualidade xa goza dunha bonificación dun 25 %, ao que se engadirá outro 25 % ata alcanzar ese 50 %. "É moito mellor baixar impostos que subilos", defendeu Rueda e engadiu que en  Galicia hai "estímulos" para crear "un clima favorecedor" en determinadas cuestións, como no reto demográfico.

Preguntado por se baixará os impostos sobre o combustible, que en Galicia están no tramo máis alto, dixo que os orzamentos aínda están en elaboración, e matizou que "a Xunta non pode chegar a todo nin facelo todo en solitario".

Rueda pronunciou estas palabras durante unha conferencia.

¿E ti, es de Tweet?