Folga no sector conserveiro de Galicia. Comezou este venres e continuará os días 3 e 4 de febreiro para pedir un "convenio digno" que contemple subidas salariais e o fin da brecha salarial do sector con discriminación para as mulleres.

A Federación Española de Asociacións de Industrias de Transformación e Comercializadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura, Feicopesca, defendeu a súa proposta de convenio colectivo e acusou aos sindicatos de "volver ás súas posturas iniciais de máximos", a pesar de ter chegado a "importantes avances", convocando "de forma sorpresiva" tres xornadas de folga.

CC OO, CIG e UXT convocaron os paros para reclamar "un convenio digno" e denunciaron a 2ruptura unilateral2 das negociacións por parte da patronal. Así, as centrais esixen un acordo que contemple subidas salariais para garantir o poder adquisitivo, favorecer a promoción interna, ou acabar coa brecha de xénero, entre outras demandas. 

Houbo manifestación cno pancartas diante da delegación da Xunta en Vigo.

En resposta, Feicopesca lamenta a folga que ve "inxustificada" ao haber "unha proposta empresarial que achegaba posturas ante as súas principais demandas".

A patronal fala de "deslealdade" ao convocar a folga por sorpresa, cando estaba prevista unha reunión para o 27 de xaneiro.

¿E ti, es de Tweet?