viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísA pensión de xubilación media dos galegos subirá 79 euros

A pensión de xubilación media dos galegos subirá 79 euros

As prestacións e o ingreso mínimo vital subirán un 8,5% en 2023, polo que a suba da pensión media galega será de 79 euros, pasando dos 933,74 euros a pensión de xubilación media a 1.012 euros, aproximadamente.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes o dato do IPC adiantado de novembro, que serve de referencia para a revalorización das pensións en 2023.

A suba será finalmente do 8,5%, unha décima por baixo da previsión incluída nos Orzamentos Xerais do Estado. 

Pendente de que o INE confirme o dato de inflación nas dúas próximas semanas, o incremento entrará en vigor a efectos do 1 de xaneiro do 2023 e os pensionistas ingresarán xa na nómina deste mes a súa prestación coas táboas actualizadas.

O incremento para as pensións contributivas, as máis frecuentes entre o colectivo de pensionistas e que actualmente perciben preto de 10 millóns de persoas, subirán o 8,5%, cifra que resultado da evolución media do IPC durante o 2022.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES