Como mínimo ata o 28 de maio a planta de Stellantis en Vigo (antiga PSA Peugeot Citroen) non volverá a producir vehículos. O desabastecemento mundial de microchips esenciais para a montaxe nos novos modelos é o motivo.

A planta de Balaídos do grupo Stellantis continuará parada, nos seus dous sistemas de montaxe, polo menos até o venres pola carencia mundial de compoñentes electrónicos indispensables nos vehículos actuais.

A planta viguesa deixa de producir cada día parada 3.200 vehículos.

As perdas da industria viguesa da automoción por mor desta crise xa son millonarias.

Ademais de causar expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) a máis de 10.000 persoas.

¿E ti, es de Tweet?