domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsComarcasMondariz-Balneario, o único concello libre da COVID-19

Mondariz-Balneario, o único concello libre da COVID-19

Mondariz-Balneario é o único concello das comarcas no que o virus deixou de circular entre a súa veciñanza.

Segundo a última actualización de Sanidade, Mondariz-Balneario é o único concello das comarcas no que a COVID-19 non ten presenza nin en 7 nin en 14 días entre a súa veciñanza. Mentres, volven os casos a Pazos de Borbén, Arbo e Fornelos de Montes e aumenta a incidencia en Baiona, Gondomar, Salvaterra de Miño e Ponteareas. Baixa en Tomiño, Redondela, A Cañiza, Tui A Guarda e Crecente.

Así, Mos continúa como o concello que rexistra a incidencia máis alta das comarcas ao superar os 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana con 59 positivos.Isto é, 18 máis que na actualización de Sanidade do venres.

Aumenta a presenza do virus en Ponteareas ata os 20 contaxios nunha semana logo de que non superara os 9 en 7 días no venres. Así, a incidencia da vila do Corpus sitúase entre os 75 e 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma que a das Neves e a de Crecente.

Volven os positivos aos municipios de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Arbo e comparten agora incidencia coa maioría dos concellos da bisbarra: entre 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. É o caso do Rosal, Oia, gondomar, Nigrán, Vigo, Mondariz, Covelo, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas. Ningún deles supera o abano dos 1-9 casos, agás a cidade olívica con 172.

A Guarda é o concello coa menor incidencia ao rexistrar menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Tomiño, Redondela, A Cañiza e Tui baixa ata a segunda máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 casos por 100.000, a mesma na que continúa Baiona e Soutomaior.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES