sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os positivos COVID en Galicia pero soben os ingresos

Baixan os positivos COVID en Galicia pero soben os ingresos

Despois de dúas semanas sen estado de alarma nin toque de recollida, Galicia continúa baixando os seus casos activos.Ten 2.624 despois de confirmar 123 novos na última xornada. Nos hospitais hai 144 persoas, 32 delas en UCI.

Na última xornada Galicia diagnosticou 123 novos positivos COVID-19, son medio cento menos que onte. Deste xeito, continúa o descenso de positivos con repuntas puntuais en días illados.

Por áreas sanitarias segue a cabeza a viguesa:

Vigo: 805 (-7)

A Coruña: 520 (-19)

Santiago: 453 (-2)

Pontevedra: 333 (-10)

Lugo: 227 (+7)

Ourense: 203 (-7)

Ferrol: 83 (-4)

Nos hospitais galegos hai 6 persoas máis ca onte. As cifras son estables con todo: 144 persoas ingresadas (+6): 112 en planta (+4) e 32 nas UCI (+2).

Onte o número de vítimas pola covid-19 aumentou co falecemento dun home de 92 anos ingresado en Vigo. A cifra acada as 2.411 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS