Pasaporte ao Condado Paradanta

Trátase da última iniciativa, singular é unica en Galicia, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta que permite aos seus usuarios acceder a unha coidada selección de 24 propostas exclusivas en empresas turísticas da zona

O salón de usos múltiples do Auditorio Municipal de Ponteareas acolleu a presentación deste novo produto turístico que permite obter unha serie de premios para aqueles que opten por aloxarse en determinados hoteis ou casas rurais do Condado Paradanta, gozar da gastronomía e dos deliciosos viños da zona, coñecer fermosos recunchos da man de guías profesionais con gran experiencia, mercar produtos de calidade ou achegarense ao patrimonio cultural da comarca.

A iniciativa, desenvolvida polo GDR Condado Paradanta, ten como misión atraer e fidelizar a chegada de turistas á comarca conformada polos municipios de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

Como funciona

O Pasaporte ao Condado Paradanta é un produto turístico e de promoción xestionado polo GDR Condado Paradanta, a única entidade competente no seu desenvolvemento. Os usuarios deben facerse cunha copia física do Pasaporte, nos establecementos que forman parte deste proxecto, e completar os seus datos no recadro correspondente para iso.

Unha vez estea activo o documento, cómpre reservar con antelación naquel establecemento ou servizo do que se queira desfrutar avisando que se é usuario do Pasaporte. Cada vez que o documento se empregue nun local ou establecemento, este debe selar o recadro correspondente.

Unha vez se complete o número de recadros necesarios para participar nun dos sorteos, os usuarios han de enviar a folla de datos debidamente cumprimentada ao WhatsAPP 986 663 329 e contestar a enquisa que obteñen do escaneo do Código QR. Deste xeito poderán entrar no sorteo de agasallos, experiencias únicas ou produtos/servizos de diverso tipo que farán a súa estancia nesta zona de Galicia inesquecible.

Nesta primeira edición da iniciativa turística Pasaporte ao Condado Paradanta, editaranse 1.000 exemplares de carácter promocional e gratuito. A iniciativa estará activa ata o vindeiro 31 de decembro e todas as empresas participantes contan con algún selo de calidade turística como o SICTED ou a Q de Calidade Turística.

Xeodestino Condado Paradanta

O xeodestino turístico Condado Paradanta xorde dos dez municipios que conforman esta zona de Galicia. Todos eles levan tempo sumando recursos, iniciativas e propostas para que residentes e visitantes poidan gozar da súa estancia nun territorio que reúne unha oferta turística ampla e de calidade, na que salienta a singular Rede de observatorios nocturnos e miradoiros, o Castelo de Sobroso, a Fortaleza de Salvaterra do Miño, o Castro da Troña, a vila de Mondariz-Balneario ou os Petróglifos de Taboexa, entre outros.

Así, na rolda de prensa tamén se deu a coñecer a presentación que este xeodestino fará en Fitur 2021, este xoves ás 18.00 horas, no stand oficial de Galicia da man do xornalista e veciño de Guláns, Eleuterio (Terio) Carrera, que será o embaixador do Condado Paradanta en Madrid. Concretamente, presentarase o video oficial do pasaporte e promocionaranse as principais actividades de divulgación turística que se levarán a cabo este ano na zona tales como o centro de BTT e circuíto de trail e o Plan de Calidade Turística SICTED, que prevé desenvolverse na comarca.

¿E ti, es de Tweet?