lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasLouriñaEn marcha o estudo xeotécnico para eliminar o paso a nivel no...

En marcha o estudo xeotécnico para eliminar o paso a nivel no Porriño

Os traballos inclúen a toma de mostras e a análise do terreo mediante catas, penetrómetros e sondaxes. Unha vez concluído avanzarase no estudo de alternativas para determinar a solución más idónea para a supresión, aínda por determinar.

inicio catas paso a nivel porrino 2O pasado 8 de abril dende o Concello do Porriño anunciábase a autorización á empresa adxudicataria do contrato a executar as catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel, indicando que os traballos comezarían ao longo de abril e durarían como máximo dous meses. Hoxe, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) emite outro comunicado no que informa do inicio destas catas sobre o terreo “de cara á redacción do estudo xeotécnico, estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto de construción para a supresión do paso a nivel do Porriño, na liña de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo” .
O traballo corre a cargo da UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por GOC e Prointec, adxudicataria do contrato por un importe de 854.602,78 euros (IVA incluído).

Estudos y probas previas

O proxecto en redacción permitirá a eliminación do paso a nivel existente, protexido con dobres semibarreiras enclavadas e presenta unha considerable circulación de tráfico rodado (uns 6.500 vehículos diarios), ademais do cruzamento dos numerosos peóns que transitan a zona e un promedio de 33 circulacións ferroviarias diarias.
Entre os estudos previos necesarios deben realizarse unha serie de traballos de investigación xeotécnica encamiñados a determinar a idoneidade técnica das alternativas obxecto de estudo.
Para ditos traballos Adif conta coa colaboración do Concello do Porriño, “que facilitou a tramitación dos permisos necesarios”.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, comprobou hoxe sobre o terreo o desenvolvemento das catas e expresou o “agradecemento do Concello con Adif polo cumprimento dos compromisos adquiridos e pola procura de financiación a través da UE para materializar esta vella aspiración dos porriñeses”.

Eva García, alcaldesa do Porriño:

A realización da campaña xeotécnica ao longo das vindeiras semanas vai permitir caracterizar as condicións do terreo, aportando información relevante sobre o seu comportamento xeomecánico e hidroxeolóxico, factores clave para analizar o deseño e os métodos construtivos máis adecuados para as alternativas que xa están sendo estudiadas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS